5ª edición: Poesía en tempos de pandemia (2020-2021)

Dende marzo de 2020, estamos a vivir momentos extraños nos que a recomendación é non sairmos das nosas casas para evitarmos entre todos e todas o contaxio e a extensión do coronavirus COVID-19.

A pesar de terse cancelado as actividades académicas presenciais, o noso club de poesía on-line “En-RED-Versados” continuou activo durante o que restaba do curso 2019-2020 e puidemos seguir a deixarmonos contaminar pola poesía das linguas que facemos parte da lusofonía.

Ao longo daqueles días, tratamos de ir publicando maís contidos que vos animaran a dedicar algúns intres deses tempos a ler poesía, a publicar os vosos poemas preferidos ou que escribirades vós mesmos, escribindo comentarios e dándolle a “Gústame” aos que publiquasen os vosos compañeiros e compañeiras de Galicia e Portugal, … seguindo así conectados e conectadas, cada un dende as nosas casas, pero coas fiestras do noso ordenador, tablet ou teléfono mobil, abertas ao mundo.

No curso 2020-2021, en consenso coa Dirección da Universidade Sénior, pretendemos dar certa continuidade á actividade docente derivada da Internacionalización, pero cun formato diferente ao habitual, dadas as restricións debidas á situación sanitaria. Deste xeito, pretendemos continuar coas actividades, iniciadas no curso pasado, en colaboración co “Programa 60+” do Instituto Politécnico de Leiría (Portugal) ao abeiro do Clube de Poesía on-line”En-RED-Versados”. , coas seguintes características:

  •  Utilización do espazo web En-RED-Versados para dar continuidade ao traballo individual dos participantes mediante a publicación de poemas propios ou de autores das linguas da lusofonía como elemento para promover o uso das TIC e o achegamento á lingua portuguesa.
  • O modelo de publicación recomendado será o mesmo que viñamos utilizando nas anteriores edicións desta iniciativa tecnolóxica:  Incorporar no título da entrada tanto o nome do autor como o título do poema; No corpo da entrada, ademais do texto do poema, introducir unha breve descrición dos motivos persoais da escolla e/ou o contexto (histórico, literario, …) do poema; insertar algún tipo de apoio audiovisual (imaxe, audio, vídeo, …).
  • Realización, cunha periodicidade mensual, de encontros virtuais entre alumnos e alumnas de Galiza e Portugal.
  • Estes encontros virtuais terán diferentes eixos temáticos, polo que se chama aos participantes a escoller, publicar e logo tamén recitar, durante dito encontro virtual, poemas da súa elección, relacionados coa temática proposta para cada un deles.
  • Así, no primeiro encontro, previsto para o mes de decembro, a temática será a Esperanza, de acordo coa seguinte descripción:
“Os seres humanos sempre se enfrontaron a tormentas e adversidades, que probaron os seus límites e puxeron a proba as súas habilidades. E, nestas circunstancias, sempre conseguiron amosar a súa forza, resistencia e perseveranza.
En tempos difíciles, como os que vivimos, é esencial ter a Esperanza de que cheguen días mellores. Porque cremos que a poesía pode alimentar este sentimento, queremos desafialo a que comparta as palabras dos poetas que nos falan de esperanza e de superación”


“Os seres humanos sempre enfrentaram tormentas e adversidades, que testaram os seus limites e colocaram as suas capacidades à prova. E, nessas circunstâncias, sempre conseguiram mostrar a sua força, resistência e perseverança.
Em tempos difíceis, como os que vivemos, é fundamental ter Esperança de que dias melhores virão. Porque acreditamos que a poesia pode nutrir este sentimento, gostaríamos de vos desafiar a partilhar as palavras de poetas que nos falem de esperança e de superação.