4ª edición: Poesía e Paisagem nas linguas da lusofonía.

A 4ª edición do Clube de Poesía on-line “En-RED-versados” terá o seu foco na ligazón entre a paisaxe e a poesía.

poesiapaisagem

Os alumnos e alumnas partillarán os seus poemas preferidos sobre esta temática no espazo web do Clube de Poesía on-line, engadindo os motivos da súa escolla, os datos do poema e autor escollidos, así como algunha fotografía ou video que ilustre a publicación como post do blog.

Os poemas publicados serán preferiblemente nas linguas que van parte da Lusofonía.

No ano 2014, o Parlamento galego aprobou por unanimidade a chamada Lei Valentín Paz-Andrade (LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía) destinada a incorporar progresivamente a aprendizaxe da lingua portuguesa como lingua estranxeira e promover as relacións cos países de lingua portuguesa.

Linguas mútuamente intelixibles: 

http://www.wikiwand.com/es/Lenguas_mutuamente_inteligibles

Advertisements