2ª Edición (2016-2017)

EN-RED-VERSAD@S. Clube on-line de lectura de poesía. (2ª Edición)

Xustificación:
Na senda da construción dunha Europa inclusiva, a igualdade de acceso ás oportunidades da aprendizaxe ao longo de toda a vida (Lifelong Learning) debe ser una prioridade básica. As persoas maiores de 50 anos, que terán un papel cada máis relevante na sociedade europea debido ás tendencias demográficas actuais, non deben verse excluídas desas novas oportunidades de aprendizaxe debido á falta de competencias en TIC.

A pesar de que o uso diario das TIC medra cada ano en Europa, o seu uso entre as persoas maiores de 50 anos, aínda que crecente, segue a ser inferior ao 50% (Eurostat, 2013). Polo tanto, a mellora das competencias dixitais, entendidas como competencias básicas e transversais, facilitará o acceso dos alumnos e alumnas maiores a recursos educativos abertos e axudará a promover entre os nosos maiores unha cidadanía activa europea.
Se teñen desenvolvido moitas iniciativas encamiñadas a ensinar as TIC aos alumnos e alumnas maiores, pero non sempre alcanzaron a meta de incorporar o uso das tecnoloxías da información e a comunicación nas súas vidas. Algunhas das razóns detectadas para explicar este fracaso son: a falta de motivación para aprender as TIC (non sentir a necesidade de incorporar estas habilidades nas súas vidas) e unha metodoloxía que non sempre tivo en conta as características especiais da aprendizaxe nunha persoa maior.
Por outra banda, cada vez é maior o número de alumnos e alumnas sénior que dispoñen de dispositivos electrónicos portátiles (smartphones, tablets, libros electrónicos, portátiles, …). Sen embargo, os estudos realizados sobre o seu uso reflicten que o seu uso por parte dos nosos alumnos/as é aínda moi limitado, realizando moi poucas tarefas e reportando que, en ocasións, o seu uso non é agradable (user friendly).

No ano 2014, o Parlamento galego aprobou por unanimidade a chamada Lei Valentín Paz-Andrade (LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía) destinada a incorporar progresivamente a aprendizaxe da lingua portuguesa como lingua estranxeira e promover as relacións cos países de lingua portuguesa.

Obxectivos:

  1. Promover unha cidadanía europea activa entre estudantes sénior.
  2. Favorecer a adquisición de novos coñecementos e habilidades mediante unha metodoloxía activa e participativa.
  3. Mellorar as habilidades, destrezas e recursos xa adquiridos polos alumnos e alumnas, e a adquisición de novos recursos.
  4. Facilitar a formación en linguas estranxeiras, nomeadamente en lingua inglesa e nas linguas dos socios. Neste caso, a lingua portuguesa.
  5. Promover o uso das tecnoloxías da información e a comunicación, con carácter instrumental, para facilitar a comunicación a nivel internacional.
  6. Mellorar as destrezas e habilidades para o traballo cooperativo e a axuda mutua, tanto a nivel local como internacional.
  7. Potenciación de actitudes e destrezas a partir da premisa: aprender a aprender e aprender para compartir.
  8. Fomentar unha maior adaptación ás necesidades e potencial individual dos estudantes.
  9. Dotar aos participantes dos coñecementos, destrezas e actitudes necesarias para o autoaprendizaxe das TIC.
  10. Incrementar a motivación das persoas maiores para incorporar as TIC na súa vida cotiá.
  11. Fomentar o coñecemento mútuo e o achegamento á lingua, cultura e realidade social da Lusofonía.

Para o cumprimento dos obxectivos propostos, se propón a Continuación do Clube de Lectura on-line de poesía iniciado no curso 2014-2015, baixo o título “En‐RED‐Versados” con formato de blog (https://enredversados.wordpress.com/).

Para aumentar a motivación respecto da aprendizaxe das TIC utilízanse dous elementos ou compoñentes culturais:

  1. A poesía como “manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación” (UNESCO, Dia Internacional da Poesía, 21 de marzo).
  2. O carácter de iniciativa internacional mediante a participación de Universidades Sénior de Portugal e Brasil.
  3. O achegamento á lusofonía para ter unha perspectiva histórica da expansión mundial da lingua e a cultura portuguesa.

Estes elementos axudarán a crear nos participantes a necesidade de dotarse de las habilidades en TIC necesarias para compartir os seus coñecementos, opinións, puntos de vista, etc. sobre a poesía.

Os destinatarios de esta iniciativa serán, no que atinxe á Universidade Sénior da Universidade da Coruña, un grupo 30 alumnos e alumnas sénior, que comezarán a actividade dentro do Taller Europeo, con sesións quincenais de dúas horas de duración, na que se alternaron a aprendizaxe das TIC con sesións prácticas e horas de titoría. Os Talleres Europeos son a canle mediante a que se vehiculiza cara os alumnos e alumnas a implicación da Universidade Sénior a nivel internacional, tanto no desenvolvemento e implementación de Proxectos Educativos Europeos (desde 2003) como mediante Convenios Bilaterais (desde 2008).

Na anterior edición do Clube de Lectura on-Line “En-Red-Versados” (curso 2014-2015) se traballou en colaboración có Het Perspectief de Gante (Bélxica) cun grupo de estudantes belgas de español, e seguiu a ser utilizado por demanda dos estudantes e actualmente, as visitas teñen superado as 31.000.

Están convidados a participar os alumnos e alumnas das seguintes institucións: