“O Lobo”- Darío Xoán Cabana.

dario-xohan-cabana-2-14a6710

Hoxe faleceu Darío Xoán Cabana, nado en Roás- Terra Chá en 1952, onde eu o coñecín sendo un neno.

Darío ten unha amplia obra de poesía e narrativa, tamén foi traductor especialmente de poesía ( medalla de ouro Cidade de Florencia pola súa versión da Divina Comedia en galego).

Desde o 2006 foi académico da Real academia Galega. Desde 1987 publica diariamente un “encrucillado” en galego na Voz de Galicia.

Na súa lembranza poño este poema seu “O Lobo”, cantado polo grupo “Fuxan os Ventos”.

Por unha noite de séculos
corrian tres feros galgos,
tres feros galgos da noite
afiados coma dardos.
Un lobo de ollos de lume
tras deles iba avanzando;
levaba luz nos seus ollos,
luz de días agardados.
Entrando en terra de soños,
iban os soños cantando;
Corre, lobo de esperenzas,
brinca muros e valados,
que eses tres galgos de noite
queden vencidos e escravos.
Ponte de luz as estrelas
con nova forza alumaron;
os galgos corrian ben,
mais o lobo iba enirado
e nun recanto de lume,
matounos de tres zarpazos.
E os rios cantarona coro
un canto nunca cantado
o horizonte abríuse en cantígas
por un craro navallazo,
e u ceo foi outra vez
un ceo azul e mais branco.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s