“Tenrura”- Manuel María

Manuel María e Saleta Goi. Fundación Manuel María

Manuel María Fernández Teixeiro (Outeiro de Rei 1929 – A Coruña 2004) foi unha das figuras máis relevantes do mundo intelectual galego da segunda metade do século XX. Cultivou todos os xéneros literarios: narrativa, teatro, ensaio, periodismo e fundamentalmente a poesía que é dunha riqueza extraordinaria.  A súa obra está en idioma galego, pero foi traducido ao portugués, catalán, español, húngaro, bretón, flamenco, francés e inglés. A defensa da lingua, da cultura galega e o amor á súa xente está patente na súa obra.

Escollín do seu poemario “A luz resucitada” este breve e fermoso poema, porque me gusta como describe a excelencia da tenrura  do ser humano.

A tenrura

Pouco importa que a ave da esperanza
ou a chispa amarela do desexo
crucen por nós como un salouco
para converterse en néboa
ou sombra esvaída na lembranza.
O que de verdade importa,
amada e irrenunciábel compañeira,
é a chama delicada da tenrura
coa que alcendemos o lume
no que queimamos a monótona
tristeza dos días e onde arde,
serea e mansamente, a árbore
fidel e rumorosa da nosa propia vida.

“A luz resucitada” é un poemario de versos dedicados ao amor da súa vida, que foi a súa muller Saleta Goi.

O grupo musical “Xardin Desordenado” ten como obxectivo promover a poesía  galega. Marlene Rodrigues é a cantante portuguesa que pon a voz feminina deste grupo.

One comment on ““Tenrura”- Manuel María

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s