COMO HEI VIVIR MAÑÁ SEN A LUZ TÚA? Bernardino Graña

Bernardino Graña naceu en Cangas do Morrazo o 27/09/1932.
Estudiou en Santiago onde gañou algún premio das Festas Minervais. Terminou seus estudos en Salamanca e Madrid, cidade na que se integrou no grupo “Brais Pinto”. Dende xove formou parte do consello de redacción da revista poética Alba. Colaborou en “La Noche” e o “Faro de Vigo” . Foi catedrático de Lengua e Literatura, estivo bastantes anos fora de Galicia dando clases en distintas cidades, voltando a Padrón, Sarria e Cangas onde se xubilou en 1991. Reside en Cangas, pero moi vencellado tamén a Lugo. Publicou obras dramáticas e narrativas, e nestes últimos tempos, literatura infantil. O 12 de xuño de 2010 entrou na Real Academia Galega.

Elexín este, na miña opinión, bellísimo poema, porque representa a dor que milleiros de familia sentiron e aínda están a sentir, durante esta triste pandemia. Sen despedidas, sen bicos , sen apertas, os seres queridos fóronse deste mundo en completa soidade; os que quedaron, cada mañá, o ver a luz do novo día, repetirán: ¿Cómo hei vivir mañá sen a luz túa? Afortunadamente, o tempo, sabio e mudo, axudaralles a vivir de novo.

Case morto vivín sen coñecerte
aló na chaira seca e por absurdas rúas
onde niguén me soubo dar mornura.
Foi soedade desconforme adentro
e a semente acaída en terra dura

Cómo hei vivir mañá sen a luz túa?

Erguinme e vinte ó regresar á terra
como se aquelo fora todo un soño
pesado e tí xa foras sempre miña.
Foi outra vez materno en aloumiños
o bico teu na lingua.
E foi de novo corazón adentro
comprender a existencia e a dozura

Cómo hei vivir mañá sen a luz túa?

Pero hoxe mesmo rachou o día en medo
entrou na fiestra un sol extraño inmenso
e deixáchesme o leito e mantas frías.
Está a volver agora corazón adentro
a soedade o podre a agonía
a convertirse cada cousa en tumba
cada minuto en sesenta agullas

Bernardino Graña (1980), “Se o noso amor e os peixes”

One comment on “COMO HEI VIVIR MAÑÁ SEN A LUZ TÚA? Bernardino Graña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s