“Deuda comprida”- Xerardo Moscoso.

Voces Ceibes

Onte faleceu Xerardo Moscoso (México 1945- 23 maio 2021), fillo de emigrantes galegos, estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, foi cantautor e membro fundador de “Voces Ceibes” no 1968. Ademais de médico de profesión foi produtor, director de teatro e actor, promoveu a creación do grupo de teatro “La Gaviota” formado por estudantes e obreiros nunha das zonas mais deprimidas e con maior problemática social de México.

Como Homenaxe e en recordo de cando a escoitei no 68 compostelán, poño esta canción premonitoria.

Deuda comprida

Aos meus vinte anos fai pouco

compridos

tomo papel,lapiz e verba.

E digo pra cando os ollos se me pechen

pra sempre

de este o meu corpo.

E que se queime

e que o queimado sexa esparcido onde

chegue.

Confundido co ar sexa respiración

de alguén, algún día.

Tal vez entre a herba faga nacer

herba boa

pra manter o gando.

Tal vez sexa

unha espiga de trigo

e da espiga

e do ar

e da herba saldrá

aínda que ninguén

o queira

o pan e o amor e sempre.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s