“Darío a diario”- Xela Arias

Xela Gaudi definitivo (14)

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Xela Arias (1962-2003) que morre inesperadamente, deixando unha profunda pegada na cultura galega. A súa achega é importante non só en témas senón tamén no estilo.

Eu recollo eiqui dous pequenos poemas pertencente a seu libro “Darío a diario”, xunto con unha dedicatoria do libro que fai a autora para Ana Miguez

 “O certo é que malia apariencia de agasallo para meu propio fillo, eu concíboo máis como un texto (ideas, reflexión, poética) para compartir con mulleres, quizais preferentemente que teñan pasado pola maternidade, nais mesmo senon é outra experiencia de primeira man, pois todas, dun xeito ou doutro, levamos culturalmente grabado a lume no disco duro mental unha morea de significados e significantes que nolo relacionan” 

Busco o modo de te acompañar sen estorbo,
que sexas ó meu carón feliz e creador
de ti,
de ti e mailo mundo que apañes.

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódolas nais son eu e todas, coma mi, saben que es único.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s