Este poema de Olga Novo pertence ao seu poemario Feliz Idade polo que obtivo o Premio Nacional de Poesía, o Premio Nacional da Critica Española no apartado de Poesía en Galego e o Premio Gala do Libro Galego, todos eles en 2020
Si a poesía espera á noite do mesmo xeito que os muracegos, como recolle Olga Novo, a min gústame pensar que tamén ten o poder de ecolocalización e que este xeito de ver polas orellas é o que lle permite localizar: sentimentos esquecidos no fondo, imaxes de cores que levan os azuis e vermellos como preciosos cristais de Murano, alegrías perdidas, restos de naufraxios e flores que durmen e medran paseniño na escuridade sen saber nós delas
MURACEGA
(Símbolo da felicidade na China)
Exactamente igual cós muracegos
repregados su o teito da palleira
agarda cega e boca abaixo a poesía á noite
para poder sobrevoar a escuridade e darlle senso.
Sen dúbida é por iso
a única mamífera con ás.
[…] “Muracega”, de Olga Novo […]
GústameGústame
FGrazas !! Precioso poema, dende xa fan de Olga Novo.
GústameLiked by 1 person