“Tecín soia a miña tea”- Rosalía de Castro.

Rosalía de Castro

Escollín esta poesía de Rosalía de Castro, do seu libro “Follas Novas” (1880), pertencente “As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos”, tema que tamén recolleu o noso compañeiro portugués CJGuerra no poema “Este vaise i aquel vaise” cantado por Adriano Correia.

Neste poema “Tecín soia a miña tea” Rosalía adopta o punto de vista dunha muller “viúva de vivos”, narrando dunha forma maxistral a desesperación que sente e como a soidade se apodera dela cando o seu home emigra a América.

Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virm’a erguer,
el xa non me pousará.
¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás…
Ferve o pote… mais, meu caldo,
soíña t’hei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai…
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond’está.

Rosalía de Castro: Follas Novas.

Cantada por Guadi Galego.

One comment on ““Tecín soia a miña tea”- Rosalía de Castro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s