Os Meniños Cantores

No ano 2005, co impulso da Asociación Ponte… nas ondas!, o alumnado de 17 escolas galegas e portuguesas gravou o libro-disco Meniños Cantores, con 28 cancións, un álbum presentado en directo en Vigo e Porto e que se converteu nun referente mundial do traballo co patrimonio musical compartido dous dous países. Neste ano 2021 repetirase a iniciativa e 19 colexios galegos e portugueses gravarán cadanseu vídeo musical para o disco Cantamos Nós. Tras ter traballado en Vieiros.com e outros medios, Marcos Pérez Pena (Montevideo, 1980) formou en 2012 parte do equipo que puxo en marcha Praza.

As penas do verdegaio
Son verdes e amarelas,
Non me toques, senón caio,
Non me rómpas-las canelas.

O do verdegaio o do rastrastrás,
Quero o meu amor, quero o meu rapaz,
O do verdegaio, o do rustrustrús,
Quero o meu amor, quero ben Xesús

Vai tu, vai tu, vai ela,
Vai tu para casa dela,
Vai tu, vai tu, vai ela,
Vai tu para casa dela.
É do meu gosto,
É da miña opiniao,
É da madeira máis fina,

Da raíz do corasao.
Vai tu, vai tu, vai ela,
Vai tu para casa dela,
Vai tu, vai tu, vai ela,

Vai tu para casa dela.
Oh, señora Ana, señora María,
O seu galo canta e o meu asubía.
Oh, señora Ana, o seu galo ve
Unha latadiña na cara do meu.

Vai tu, vai tu, vai ela,
Vai tu para casa dela,
Vai tu, vai tu, vai ela,

Vai tu para casa dela.

Anubía i anubía
I anque anubía non chove,
O meu amor está malo,
Anque está malo non morre.
O do verdegaio o do rastrastrás,
Quero o meu amor, quero o meu rapaz,
O do verdegaio, o do rustrustrús,
Quero o meu amor, quero ben Xesús.

Meu caño, meu cañociño,
Todos te chaman pequeno,
A mi me pareces grande
Co cariño que che teño.
O do verdegaio o do rastrastrás,
Quero o meu amor, quero o meu rapaz,
O do verdegaio, o do rustrustrús,
Quero o meu amor, quero ben Xesús.

O cariño que che teño
E malo que che hei de ter
Colle na folla dun toxo
E mais non a ha de encher.

O do verdegaio o do rastrastrás,
Quero o meu amor, quero o meu rapaz,
O do verdegaio, o do rustrustrús,
Quero o meu amor, quero ben Xesús.

One comment on “Os Meniños Cantores

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s