“Na morte de Castelao”-Ramón Cabanillas

cabeceira pont (2

O 30 de xaneiro é o día que Galicia dedica a Daniel Rodríguez Castelao

Ningunha personalidade da historia contemporánea de Galicia ten alcanzada a dimensión, casi mítica, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Nado en Rianxo en 1886 morre en Bos Aires en 1950, no exilio e en pleno franquismo. A súa morte foi moi sentida en Galicia e no mundo da emigración. Moitos foron os poetas que expresaron o seu sentir, poetas da talla de Ramón Cabanillas que lle dedica este fermoso poema.

Castelao “¡Morreu do mal dos bós e xenerosos!”, “¡Morreu de amor a terra!”, e non volvería a Galicia ata o 28 de xunio de 1984, data significativa xa que se cumprían 48 anos dá aprobación do plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia que el defendeu.

¡Irmán Daniel!
Na praia de Rianxo
caían como bágoas as estrellas,
espallaban teus aies derradeiros
bruantes ventos das andinas serras,
e ondas galgantes, en cramor, chegadas
da pratense ribeira,
contaban no areeiro que te foras
da seredaide pola plan vereda…
o camiño que nunca se desanda
o vieiro sin fin …
Na noite pecha
entrei pinal adiante, medoñento,
a ialma dun feitizo prisioneira.
Fungaban os ramallos un responso,
brilaba a frouma verdecente acesa,
en velorio de honra ó teu relembro.
Ergueitas caras ó ceo as ponlas, era
cada pino un cruceiro,
labra xenial da tua man maiestra,
e aquel forte e lanzal, que tempos idos
escoitou a tua prácida conversa
co sabidor e xurdio
Profundador de voces milagreiras,
inquireu delorido, en desespero:
De qué morte morreu a nosa prenda?
Atravesoume o peito
un dor punxente i esguío de saieta,
e dinxenlle a verdade crú, tinguindo
cunha pinga de sangre cada verba:
¡Morreu do mal dos bós e xenerosos!
¡Morreu de amor á Terra!
(1950)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s