“A marquesiña”- Castelao.

castelaomascaras

O Parlamento de Galicia declarou como Día de Castelao o 30 de xaneiro de cada ano.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886, Bos Aires 1950) foi o intelectual mais importante de Galicia no século XX, debuxante, narrador, ensaísta, dramaturgo e político galego.
Aínda que non ten obra en verso, moitos dos seus relatos son pura poesía, onde o debuxo e a narración se complementan maxistralmente.
Dos seu libro “Cousas”( 1934) elixín “A Marquesiña” que sempre me gustou.

 

IMG_E2235

 

CHÁMANLLE A “MARQUESIÑA” e os seus peíños endexamáis se calzaron.

Vai á fonte, depelica patacas e chámanlle a Marquesiña.

Non foi á escola por non ter chambra que pór, e chámanlle a Marquesiña.

Non probóu máis lambetadas que unha pedra de zucre, e chámanlle a Marquesiña.

A súa nai e tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqués.

¡E aínda lle chaman a Marquesiña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s