Espranza Celso Emilio Ferreiro

Erguerémo-la espranza

sobre ista terra escura

como quen ergue un facho

nunha noite sin lúa.

Marcharemos cinguidos

polos duros segredos

dunha patria soñada

á que non voltaremos.

Non sabrán o camiño

que pra entón colleremos.

Longos ríos de brétema

longos mares de tempo.

Tripulantes insomnes,

na libertá creemos.

Viva, viva, decimos

aos que están no desterro,

e soñan cun abrente

de bandeiras ao vento.

Adictos da saudade

que levades a luz polos vieiros.

¡Saúde a todos,

compañeiros!

Como o tema de este ano é a esperanza, estiven a buscar poemas que tivesen algo que ver con ela. Atopei este de Celso Emilio Ferreiro que forma parte do seu libro “Longa noite de pedra”

O nome do libro, é un recordo ó tempo que pasou encerrado no mosteiro de Celanova a piques de ser fusilado por mor duns comentarios políticos.

Este libro marcou un hito na poesía galega, os seus poemas foron bandeira das loitas nacionalistas.

Emulando a Pessoa , utilizou algúns heterónimos para firmar varios dos seus libros, aínda que non é o caso de Longa noite de pedra.

Silvia Larrosa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s