“Agora, que gastei os meus outonos”- Manuel María

Manuel María 1

Manuel María (1929-2004) foi poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 2016.

Este poema paréceme unha moi boa reflexión poética para a nosa idade.

Agora, que gastei os meus outonos.

Agora, que gastei os meus outonos
e ben entrado xa no propio inverno,
acredito no fugaz e no eterno
e só me asusta o raio, non os tronos.

Un, dende fai moitos anos, comprendeu
que todo é asegún e relativo
e ninguén é tan bo nen tan cativo,
nen podemos prescindir do propio eu.

Gardo dentro de min toda a fragancia
dos amados rincós da miña infancia
e os recendos que tiña a vella casa.

Foi chama o meu amor. Agora é brasa.
Saleta sempre. Perdón pola arrogancia:
“A luz é poderosa. A tebra, escasa.”

Manuel María (1997), Sonetos á Casa de Hortas (A Coruña: Espiral Maior)

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s