“Parque (Lugo)”- Ricardo Carvalho Calero.

Carvalho calero

Este ano o día das Letras Galegas está dedicado ao profesor, escritor, novelista e poeta D. Ricardo Carvalho Calero (Ferrol 1910- Compostela 1990)

Para celebralo, escollín esta fermosa poesía sobre o Parque Rosalía de Castro, da cidade de Lugo, de grato recordo para min. Esta poesía pertence ao seu libro Vieiros (1931)

Parque (Lugo)

Nesta hora de cedo,

un mendigo dormindo

nun banco, o guarda, o sol

e eu estamos sos.

No tanque, as brancas aves

que tanto amou Rubén Darío,

douses  feitos con giz,

escreben na auga clara:

2222.

Todo o lume do sol

Non pode derreter

a plumage de neve.

Cheias de doces chios,

As árbores son as gaiolas voluntárias

Da paxariada ceibe.

 

La baixo vai o Miño, Presidente

Da Unión de Rios da Terra.

A paisage galega

destacou duas ringleiras de ameneiros

Para cubrir-lle a carreira.

As torres da catedral,

lamentando que se non deteña,

renden-lle desde longe a homenage

do seu sorriso de pedra.

 

Lugo, en lembranza do seu paso,

feira-lle un peite de honor -a ponte-

para peitear as suas barbas crechas.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s