“Noiturnio do adoescente morto”- Federico García Lorca.

Federico García Lorca

Noiturno do adoescente morto é un dos “Seis Poemas Galegos” do dramaturgo e poeta granadino Federico García Lorca . No ano 1932 Federico García Lorca coa súa compañía teatral La Barraca recorría os pobos de España coas súas representacións. En Puente Domingo Florez, población do Bierzo a carón do rio Sil, un rapaz encargado de montar os escenarios foise bañar ao rio e afogou, este poema está baseado neste feito tráxico.

Este poema está musicado e cantado polo cantautor de Mugardos Xoán Rubia pertencente ao movemento da “Nova Canción Galega”

Noiturnio do adoescente morto.

Imos silandeiros orela do vado
pra ver o adoescente afogado.
Imos silandeiros veiriña do ar,
antes que ise río o leve pró mar.
Súa ialma choraba, ferida e pequena
embaixo os arumes de pinos e de herbas.
Ágoa despenada baixaba da lúa
cobrindo de lirios a montana núa.
O vento deixaba camelias de soma
na lumieira murcha da súa triste boca.
¡Vinde, mozos loiros do monte e do prado,
pra ver o adoescente afogado!
¡Vinde, xente escura do cume e do val,
antes que ise río o leve pró mar!
O leve pró mar de curtiñas brancas
onde van e vén vellos bois de ágoa.
¡Ai, cómo cantaban os albres do Sil
sobre a verde lúa, coma un tamboril!
¡Mozos, imos, vinde, aixiña, chegar
porque xa ise río mo leva pró mar!

 

One comment on ““Noiturnio do adoescente morto”- Federico García Lorca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s