¡Terra a Nosa!.- Rosalía De Castro

 

Para celebrar o 183 aniversario do nacemento de Rosalia de Castro, a poeta galega máis universal, subirei ao blog o fragmento VIII do poema “Terra a Nosa” que pertence á última parte do seu libro Follas Novas.

A Rosalía, escritora bilingüe en castelán e galego, debémoslle a recuperación da conciencia galega. A súa obra foi traducida ás principais linguas do mundo incluído o xaponés.
Hoxe Rosalía é un símbolo na literatura universal. Mágoa que non puidese gozar dos seus éxitos en vida.

VIII

¡Que hermosa te dou Dios, terra querida,
Desdichada beldá!
¡Que brando e melancolico sosego
Sinto ó te contemprar!
¿Porque, porque antr’as frores as espiñas
Entretexidas van,
N’esa coroa que á tua testa ciñe
De verdor eternal?
¡Ou Galicia, Galicia! a arpa sonora
Pronto descolga xá
D’a seca pónla ond’olvidada dorme,
Dorme, á sigros contar.
Os bardos fillos teus á voz levanten
D’as cordas ô compás,
Y enchan o mundo armonicas y altivas
Tan só pra t’alabar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s