“Lúa Descolorida” – Rosalía de Castro

 

Rosalía

Na súa columna A Arte dá Inquedanza, Cristina Pato fala de Rosalía, dos seus versos, e do que representan para ela. Lembra que este luns 24 é o aniversario do seu nacemento e quere celebralo mirando ao ceo,pola noite, para atopar a estrelaque leva o nome de Rosalía de Castro acompañada do seu planeta Rio Sar.

Fala tamén do poema Lúa Descolorida, que eu traio aquí interpretado por Laura Alonso Padin e ao piano a propia Cristina Pato

Lúa descolorida
como cor de ouro pálido,
vesme i eu non quixera
me vises de tan alto.
Ó espaso que recorres,
lévame, caladiña, nun teu raio.

Astro das almas orfas,
lúa descolorida,
eu ben sei que n’alumas
tristeza cal a miña.
Vai contalo ó teu dono,
e dille que me leve adonde habita.

Mais non lle contes nada,
descolorida lúa,
pois nin neste nin noutros
mundos teréi fertuna.
Se sabes onde a morte
ten a morada escura,
dille que corpo e alma xuntamente
me leve adonde non recorden nunca,
nin no mundo en que estou nin nas alturas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s