“Daquelas que cantan…”- Rosalía de Castro.

Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro conmemórase en Galicia o “día de Rosalía de Castro“, data do seu nacemento en 1837.

Con este motivo poño no blog este poema que son dúas partes (I e III) de Vaguedás, do seu libroFollas Novas(1880) . Nesta poesía Rosalía combina ironía e vindicación feminista, nela fainos ver como as mulleres estaban encasilladas en facer poemas sobre temas intranscendentes. Pero aquelas que cantan a dor, a inxustiza, que critican o mundo establecido, considéranas unhas loucas.

I

Daquelas que cantan as pombas i as frores
todos din que teñen alma de muller,
pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,

¡Ai!, ¿de qué a teréi?

III

Tal coma as nubes
que impele o vento,
i agora asombran, i agora alegran
os espazos inmensos do ceo,

Así as ideas
loucas que eu teño,
as imaxes de múltiples formas,
de estranas feituras, de cores incertos,
agora asombran,
agora acraran,
o fondo sin fondo do meu pensamento.

One comment on ““Daquelas que cantan…”- Rosalía de Castro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s