“Escarño contra os destragadores do mundo”. Manuel María

manuel maria 2

Escollín este poema de Manuel María,o poeta de Terra Cha finado no 2004, porque me parece que esta condena a contaminación da atmósfera é un problema que nos está afectando gravemente a vida no noso planeta.

 

ESCARÑO CONTRA OS DESTRAGADORES DO MUNDO.

Contaminadores do aire puro e da auga

humilde,

casta,

e cristalina.

Incendiarios da sagrada fraga

misteriosa, cantora e ancestral.

Asasinos de paxaros.

Verdugos

de todo canto ama, vive e canta.

Violadores e destructores

da máxica paisaxe rumorosa.

ENEMIGOS DA VIDA E DA BELEZA.

Consentidores de tanto xenocidio:

cando reventa o pus do voso odio

sementades de morte a creación.

Malditos para sempre endexamais

por tódalas xeracións que son

e serán:

¡vós sodes

a miseria e a vileza deste mundo!.

MANUEL MARÍA.

3 comments on ““Escarño contra os destragadores do mundo”. Manuel María

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s