O INVERNO ( As horas de Hanna)

PURA TEJELO

Destacan: A elegancia do século (Xerais,2017). Esta obra reedítase no 2018. E As horas de Hanna (Urutau, 2019)

(A Coruña, 1953)
Licenciada en Historia moderna e contemporánea pola USC, é profesora de Lingua e literatura no ensino medio e exerce labores de normalización lingüística e de integración escolar con alumnado inmigrante. Así mesmo, exerceu cargos de xerencia na asociación cultural O Facho da Coruña para a que coordina os certames de poesía e relatos. Publicou nas revista literarias Dorna, Festa da Palabra Silenciada, Clave Orión e Olga.

Estás sobre dunha pústula de neve
Que xorde inflamada
Sobre gallas demoucadas
Esparexidas
Baixo as sabas na crueza do céfiro
Nun tempo de música lene

A manda de lobos 
traba no restrollo da  irta estación.

Ventean as folerpas casposas
Da neve próxima ao desxeo.
Inquedos ante o corisco
O canto austral da besta reúneos e buscan a presa.

Resplandece o rubor
Dunha única fiestra aberta no interior dos seus habitantes.
Berra o lobo xuntando
O frío en todo o seu dentame branco.

As xanelas enlatan o sol prisioneiro.
As follas que foron nenos
As árbores que foron follas
Pactan promesas baixo o rigor do inverno.

One comment on “O INVERNO ( As horas de Hanna)

  1. Os nenos e todo canto permanece baixo a neve durante tanto tempo é o que dura unha creación, longas etapas á escuridade. Mais logo compensa todo que sae baixo dela.
    Todo e xa de quen le, pero eu daría, querida amiga, esta reflexión persoal.Válida como outra calquera.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s