FAME
Eran dúas velliñas e un neno.
Tódolos días chegaban con andar canso,
pouco a pouco, sorteando os escombros
das casas derrubadas. Silenciosamente,
nun curruncho da rúa, alí onde nós estábamos
xantando, esperaban caladas, concentradas,
isoladas, coma frores murchas. O neno falaba
cos soldados. Os rancheiros arrastraban ate a porta
as perolas renegridas e grasentas,
e púñanse a repartir a bazofia que sobrara
do xantar. As velliñas e o neno ateigaban as
súas tarteiras e após marchaban, como viñeran,
con andar canso, pouco a pouco, coma tres cousas
negras que se esvaían na estrana paisaxe
tragadas pola boca negra do refuxio antiaéreo.
Neste poema Celso Emilio evoca escenas das súas vivencias como soldado na fronte de Asturias durante a guerra civil española.
Este autor, Celso Emilio Ferreiro Míguez, naceu o 6 de xaneiro do ano 1912 en Celanova. Pasou a súa nenez en contacto coa paisaxe física e humana do val celanovés nun ambiente familiar galeguista.
A publicación de Longa noite de pedra en 1962 constitúe un dos acontecementos senlleiros da poesía galega do século XX. E non só polo que supuña de innovador no panorama das nosas letras, senón pola enorme repercusión social que tivo porque os poemas de Celso Emilio Ferreiro acabaron por converterse en bandeira da loita popular antifascista e nacionalista da Galicia dos anos sesenta e os últimos tempos da ditadura.
O 31 de agosto de 1979 sorpréndeo a morte en Vigo.
Uma época terrível.
Os Homens não aprenderam nada com a História e todos os dias assistimos a episódios como os descritos no poema.
Será que a paz é uma utopia?
GústameGústame
Desde este poema se puede percibir, con toda certeza, el alma de “tres cousas negras que se esvaian na extrana paisaxe”.
GústameLiked by 1 person