“Mariñeira”- Ramón Cabanillas.

Ramón Cabanillas (Cambados 1876- 1959), foi elixido membro da RAG en 1920 e da RAE en 1929. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1976.

Gústame este poema pola descrición que fai do naufraxio dunha dorna nun día de temporal no mar. As “dornas” son embarcacións tradicionais de pesca típicas das Rias Baixas de Galicia.

Este poema forma parte do libro “Vento Mareiro”  publicado en Cuba.

Leste duro. Mar bravo.
Curiscadas da choiva.
A noite vai rubindo
cabaleira na sombra.
As fortes ás tendidas,
inquedadas, sin rumbo, silenzosas,
levadas polo vento
déixanse ir as gaivotas.

Salseada e batida das escumas,
de lombo en lombo das hinchadas olas,
a vela a catro rizos, bolinando,
coa quilla ó descuberto, vai a dorna!
A dorniña pulpeira
durmirá mar afora…
O patrón unha man aferrollada
na caña do timón, outra na escota,
Leva os ollos chantados
nos cons ergueitos da lonxana costa.
Ferve o mar. Brúa o vento…
¡Probe da dorna!

Un refacho asubiante
abate a verga e tronza o palo, as cordas
estalan, e un instante ábrese a vela
e cai a plan no mar…
Galgan as olas
ouvenando roncas, como cans famentos
en asalto dos cons…
¡Probe da dorna!

Ramón Cabanillas, Vento Mareiro (1921)

Dorna

One comment on ““Mariñeira”- Ramón Cabanillas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s