GALICIA – Manuel María

Neste día de celebración das letras galegas, quero adicar o poema
“Galicia” de Manuel María a esta fermosa terra e aos que son e aos que nos
sentimos dela.
Manuel María Fernández Teixeiro ( Outeiro de Rei, Lugo, 1929 – A Coruña
2004) , galeguista, poeta da Terra Chá, escritor de ensaio, teatro e
narrativa, conferenciante, e comprometido social e políticamente ca lingua
galega. Foi homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2016

GALICIA

Galicia docemente

está ollando o mar:

ten vales e montañas

e terras pra labrar!

 

Ten portos, mariñeiros,

cidades e labregosimages.jpg

cargados de traballos,

cargados de trafegos!

 

Galicia é unha nai

velliña, soñadora:

na voz da gaita rise,

na voz da gaita chora!

 

Galicia é o que vemos:

a terra, o mar, o vento …

Pero hai outra Galicia

que vai no sentimento!

 

Galicia somos nós:

a xente e mais a fala.

se buscas a Galicia

en tí tes que atopala!”

Advertisements

3 comments on “GALICIA – Manuel María

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s