“Paxariños nas cantigas dun serán”- Antonio Fraguas

Antonio Fraguas

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas desde o ano 1963, centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Este ano 2019 dedícase a Antonio Fraguas. Como non escribiu poesía poño no blog uns poemas populares de paxariños, recollidos por el no seu discurso de ingreso na RAG:    “As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán” (1956).

A rula que viudou

xurou de non ser casada,

nin pousar en ramo verde

nin beber en auga clara.

 

 Quen me dera ser a rula

a ruliña do sertón

para facer o meu niño

dentro do teu corazón.

 

O reiseñor cando canta

súa dama ten no niño,

mira como é amoroso

o amor do paxariño.

 

Sei dun niño dunha melra

outro dunha lavandeira,

agora teño tres niños

co niño da costureira.

 

 

 

Advertisements

One comment on ““Paxariños nas cantigas dun serán”- Antonio Fraguas

  1. Precioso poema e preciosas imaxes dos paxariños referidos.
    Eu téñoos vistos todos no meu pobo, mesmo o reiseñor, pero descendeu moitísimo a poboación de todos, inclusive a do pardal.

    Liked by 2 people

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s