Antonio Fraguas Fraguas

Antonio 3

Este ano 2019, o Día das Letras Galegas ten como protagonista a Antonio Fraguas Fraguas(1905-1999), historiador e xeógrafo, profesor, escritor, etnógrafo e antropólogo, convencido galeguista, que dedicou a súa vida ao estudo da cultura galega. Foi impulsor e presidente do Museo do Pobo Galego e dende 1956 formou parte de RAG substituíndo a Castelao.
Na década dos anos sesenta exercía como profesor de xeografía e historia, no Instituto Feminino “Rosalía de Castro” en Santiago de Compostela, onde a min me examinou por libre, e recordo que nos trataba cunha amabilidade e un agarimo que non era usual no profesorado daqueles tempos.
Para homenaxear a este querido personaxe poño unhas cantigas dedicadas ás “Rosas”, que el recolle no seu discurso de ingreso na RAG “As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán”

Din que che pican as mans,
para min son amorosas
tamén pican os rosales
e deles saen as rosas

O patrón chamoume rosa,
rosa do xardín florido,
-son rosa mais non son súa,
son rosa do meu marido.

O cura chamoume rosa,
eu tamén lle respondín
destas rosas, señor cura,
non as ten o seu xardín.

Vamos o muiño, vamos,
miña cariña de rosa,
vamos o muiño vamos,
que esta semaniña e nosa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s