“Paseniño, paseniño”- Rosalía de Castro.

Rosalia-del-castro

Este ano celébrase o 50 aniversario da chegada do home a lúa. A nosa Rosalía nesta poesía, senta nunha pedra agardando a que saia a lúa coa que lle gustaría poder falar e compartir confidencias.

Este poema é a parte III de “Campanas de Bastabales(Cantares Gallegos 1863). Está cantada por Amancio Prada.

Paseniño, paseniño
vou pola tarde calada,
de Bastabales camiño.

Camiño do meu contento;
i en tanto o sol non se esconde,
nunha pedriña me sento.

E sentada estou mirando
como a lua vai saíndo,
como o sol se vai deitando.

Cál se deita, cál se esconde,
mentras tanto corre a lúa
sin saberse para dónde.

Para donde vai tan soia,
sin que aos tristes que a miramos
nin nos fale, nin nos oia.

Que si oíra e nos falara,
moitas cousas lle dixera,
moitas cousas lle contara.

 

 

Advertisements

One comment on ““Paseniño, paseniño”- Rosalía de Castro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s