HAI UNHA ILLA LOUVADA…ÁLVARO CUNQUEIRO

De   “Cantiga nova que se chama riveira” , 1933. NeotrobadurismoÁlvaro Cunqueiro púxose a anovar a poesía medieval galaico-portuguesa e conxuga de mil marabillas a tradición coa vangarda e como collendo ao chou as palabras ( é un dicir meu) sae este mundo fantástico, sonoro e saboroso de manxar de deuses.

 

Hai unha illa loubada
alá no fondal do mar.
Ten bois da color do tempo
e pastoras de cristal.

 

Ten un río de paxaros
que desemboca en canción.
Paxaros mornos de illa
con os seus niños no sol.

 

Ten lúa nova e crecente
i ollos pra decir ai lá!
A boca tena pechada
para vendimas de sal.

 

E ten un cabelo novo,
ai amor! qué pelo ten.
Cheiro profundo de alga
e sabor limpo de mel.

 

Hai unha illa loubada
Alá no fondal do mar.
Navegada de luceiros
na noite nácelle o van.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s