“Fendas”- Memoria

Hai pouco oín falar da Fábrica de Tabacos da Coruña e deume por pensar en as fendas da sociedade, das que se fala tanto, mesmo as políticas, económicas ou de igualdade. Gustaríame, ainda que fose nunhas ringleiras, lembrar ás mulleres que traballaron nesta fábrica fundada no ano 1804 , e a piques de cumprir o seu bicentenario no 2002 desapareceu como tal.

A Tribuna” o fermoso libro da escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán conta a vida da sociedade do momento a través da Amparo, traballadora da fábrica, que lía as suas compañeiras manifestos políticos, pra manter as suas conciencias despertas.

Alí na Granera,
mulleres loitadoras.
As cigarreiras.

Na realidade estas traballadoras, tiñan ben desperta a conciencia das fendas que terían que ir pechando. No ano 1831 fan a primeira protesta pola inspección das labores, feita só por homes. E anos mais tarde levántanse pra manter o seu posto de traballo; coa implantación das máquinas, pensan que, as labouras manuais delas se poñen en perigo. Cunha desesperada e dura loita, botan as máquinas ao mar, que naquel momento estaba a beira da fábrica.

O salario dos homes estaba por riba do salario das cigarreiras, unha das fendas inxustamente normalizada, anque elas foran as mellores artesáns, mantiveran as casas e criaran aos nenos.

Muller completa
trascende na vida sen
Patriarcalismo

Comenzado o siglo XX trátase de construir un edificio pra ser adicado a os asuntos sociais daqueles que traballan na fábrica, foi coñecido por a casa das cigarreiras.

Moitas foron as mulleres traballadoras na fábrica, as crónicas falan de mais de 4.000. Os sindicatos ben organizados foron capaces, ás veces, aliviar as fendas da igualdade. Un dos mais recoñecidos sindicalistas foi, Severino Chacón

Quen foi  que falou?
pois ben falado está.
Si falou Chacón.
--------------------------
Pechar as fendas
de inxurias e lamentos.
Humanidade.

Conclúo coa danza macabra , de nome escuro e son divino. A música pode axudar a pechar fendas, ou polo menos imaxínalo.


A Fábrica de Tabacos foi rehabilitada e acolle as dependencias da Audiencia Provincial da Coruña

3 comments on ““Fendas”- Memoria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s