“Sara, percebeira na illa de Ons”- M. Victoria Moreno

O día Internacional da Muller 2019, eu quero celebra-lo co poema da homenaxeada no derradeiro “día das Letras Galegas”, unha muller que lembra nos seus versos a outra muller, Sara, muller percebeira. E escribo unha vez mais, muller, e outra mais, a muller non e invisible. Pode ser, e de feito e , percebeira, científica, nai, muller… ¡Ve-la qui! … Somente temos que ollar, e querer ve-la.

Hoxe quixera,  irmá de pel curtida,
instalarme no adentro dos teus ollos
e atesourar en min eses abrollos
que te fixeron forte e destemida

Hoxe quixera estar na rocha ardida,
collida da túa man, fronte ós abrollos
que puxeron ó mundo de xeonllos
ante a Galicia ergueita, anque ferida.

Sara de dignidade, percebeira
que pariches os fillos e os criaches
coas escumas do mar que te azoutaba.

Galicia chora hoxe, compañeira,
mais ti non vas chorar, porque gañaches
ese amencer que outrora se albiscaba.
Illa de Ons - Cantís e Praia de Melide.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s