“Sós”- Manuel Antonio.

manuel antonio por maside

de catro a catro

 

 

 

 

 

 

 

 

Manuel Antonio (Rianxo 1900-1930) foi o poeta vangardista mais orixinal da Literatura Galega. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 1979.

Este poema “Sós” forma parte do libro “De catro a catro“, concibido durante as travesías do barco onde fixo as prácticas de piloto da mariña mercante. Sós é un poema do mar e da soidade que me gusta.

Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós.

Roubaron-nos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

Roubaron-nos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pol-a corda floxa d’ o horizonte

Este oucéano desatracóu d’as costas
e os ventos d’ a Roseta
ourentaron-se ao esquenzo
As nosas soedades
veñen de lonxe
como as horas d’ o reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
d’ os navíos que fondean
a sotavento d’ unha singladura
N-o cuadrante estantío d’as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d’o Mar
fixo d’o barco un cadaleito

Fume de pipa             Saudade
Noite     Silenzo     Frío
E ficamos nós sós
Sin o Mar e sin o barco
nós.

 

One comment on ““Sós”- Manuel Antonio.

  1. Ditosos aqueles que “sos”, atopan fermosas palabras que levan ao imaxinario d’unha singradura no “veleiro que se evadeu pol-a corda floxa d’o horizonte”

    Liked by 2 people

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s