“Na Catedral” (Fragmento)- Rosalía de Castro.

rosalia de castro

Onte visitei o “Pórtico da Gloria” da Catedral de Santiago de Compostela, despois da restauración da súa policromía. Cando estaba contemplando esta marabilla viñéronme á memoria os versos de Rosalía de Castro referentes ao Pórtico que forman parte do seu poema “A Catedral” ( Follas Novas 1880) e que poño a continuación

O sol poniente, polas vidreiras
da Soledade, lanza serenos
raios que firen descoloridos
da Groria ós ánxeles i ó Padre Eterno.
Santos apóstoles, -¡védeos!- parece
que os labios moven, que falan quedo
os uns cos outros, e aló na altura
do ceu a música vai dar comenso,
pois os groriosos concertadores
tempran risoños os instrumentos.

¿Estarán vivos? ¿Serán de pedra
aqués sembrantes tan verdadeiros,
aquelas túnicas maravillosas,
aqueles ollos de vida cheos?
Vós que os fixeches de Dios ca axuda,
de inmortal nome Mestre Mateo,
xa que aí quedaches homildemente
arrodillado, faláime deso.
Mais co eses vosos cabelos rizos,
santo dos croques, calás… i eu rezo.

Aquí está a groria, mais naquel lado,
naquela arcada negrexa o inferno
cas almas tristes dos condanados,
onde as devoran todo-los demos.
De alí non podo quitá-los ollos,
mitá asombrada, mitá con medo,
que aqueles todos se me figuran
os dun delirio mortaes espeutros.

¡Cómo me miran eses calabres
i aqueles deños!
¡Cómo me miran, facendo moecas
dende as colunas onde os puxeron!
¡Será mentira, será verdade!
Santos do ceo,
¡saberán eles que son a daqueles tempos…?
Pero xa orfa, pero enloitada,
pero insensibre cal eles mesmos…
¡Cómo me firen…! Voume, si, voume,
¡que teño medo!

 

portico da gloria

portco da gloria1

 

 

 

 

 

Advertisements

One comment on ““Na Catedral” (Fragmento)- Rosalía de Castro.

  1. O Pórtico limiar da groria.
    Rosalía no seu poema amosa con certeza a mestria de Mateo. “Vedeos! Parece que os labios moven, que falan quedo…”. “Estarán vivos? Serán de pedra aques sembrantes tan verdadeiros…” 👍👍👍

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s