Naceu en Celanova o 15 de Setembro de 1851 e morreu na Habana o 7 de Marzo de 1908. Viaxa a Madrid moi xoven, onde estudia e traballa entre outras cousas de xornalista..
En 1877 gaña un certame literario en Ourense co poema A Virxe do Cristal e esa victoria determínao como poeta galego laico. Polo seu compromiso coa xente labrega ten problemas co Obispado de Ourense. Mais tarde emigra a Cuba onde morre.
Foi un poeta representante do período chamado Rexurdimento.
Gústame este anaco do poema porque non só describe unha piaisaxe sinon que tamén mostra un xeito de vivir

camiño de Celanova,
onde é máis tépedo o vento
que a terra gallega azouta,
dun círcolo de montanas
na faldra, sempre verdosa,
esténdese un val frorido,
cuberto de herbas cheirosas,
piñeirales e arboredos
ricos de frutas e sombra.
Alí, pola primaveira,
dispois de saír da escola,
van os rapaces buscar
freixós pra comer i apóutigas;
i as nenas, máis delicadas,
e non como eles golosas,
topan alí os caraveles
con que os cabelos adoman,
e fan, con espriego e néveda,
ramiños que logo esfollan.
Deste val no medio e medio,
entre edras e musgo envoltas,
ergue as torres un castelo,
feito alá n’eras remotas
de pedra de sillería,
cáxeque co tempo roxa.
Como este antigo edificio
outro non hai, según contas,
pois diz que foi levantado
por unha princesa moura
dendes da posta do sol
hastra a saída da aurora…….