“Torre de Hercules”- A Coruña

Centos de mitos, contos e lendas, e, A Torre, amosase ben erguida e fermosa, cara a mar Atlántica.  

Breogán, dícese foi xefe dunha tribu dos Ártabros moradores destas terras; ou tamén podería ser, un bardo.  Sexa o que fora, construíu unha torre, cara a mar aberta que servera de guieiro os navegantes. O fillo de Breogán, Ith, subíu un día a o cumio da torre, e aló, o lonxe, pareceulle ver, entre as brétemas, unha terra descoñecida. Imaxinou unha chea de pedras, metáis, alimentos, animáis e tamén outros pobos. Despois de que o seu pai dera consentimento, foi navegando cara aquella descoñecida terra, chegando deste xeito as costas de Irlanda.

Ao pé da Torre
un día, meu pai, contóume
lendas de Bardos.
——-
No imaxinario
vimos as terras do Eire
Perto da Nosa
——-
O faro Breogán
e a loita de Hércules co
Xigante Xerión.

Hércules, para facer unha das 12 tarefas que tiña impostas por ter asasinado a sua esposa e filhos, chega navegando a Brigantium, por combater co xigante Xerion que neste tempo tiña asoballado a o pobo. Despois de tres días con as suas noites de feroz loita, ó xigante foi vencido. Hércules cortoulle a cabeza e mandou enterralo perto do mar e construir una torre por riba do túmulo. Nas proximidades fundou unha Cidade que chamou Crunia, en recordo do nome da primeira muller que viviu nese lugar, a que ó héroe namorou.

E volvendo dos contos e das lendas, iste realista poema de Francisco Añón

¨Ante la Torre de Hércules¨

Esta torre fay mil anos
Que a fijeron os fenicios.
Tamén alguns indicios
De que é obra d’os romanos

Sodes n’a historia profanos
E en sentenciar moy ligeiros
Pois nin foron os primeiros
Nin os segundos ¡Aposto!

Tiranos da duda, Agosto:
Dí ¿quens foron?


-¡ Os canteiros ! –

Dende Xunio de 2009 a Torre de Hércules é Patrimonio da Humanidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s