Poema “Os xitanos cesteiros”

_manuelrivas_9a94a5ad (1).jpg

 

Manuel Rivas Barrós

 (La Coruña24 de octubre de 1957) es un escritorpoetaensayista y periodista gallego cuya obra se desarrolla fundamentalmente en lengua gallega, aunque también las traduce a menudo él mismo al castellano, idioma en el que escribe artículos para el diario El País.

 

Poema ” Os xitanos cesteiros”

Eran familia. Antonio Camacho Montoya, de 45 años, casado y con ocho hijos. Su sobrino, Antonio Montoya Camacho tenía 16 años. Y 14 años tenía el tercero, Manuel Jiménez Montoya. Vecinos de A Coruña, fueron asesinados el 30 de septiembre de 1936 por una “brigada de la noche”. El crimen nunca fue investigado. Están enterrados en Santa Eulalia de Liáns, cerca del mar. En el límite del cementerio. En tierra de nadie. Eran gitanos, de oficio canasteros.


Os xitanos cesteiros

 

Hai un son en Liáns                            .
E u é?

Son os pés que non queren pisar.
E u é?
Son as follas que caen
no oco da guitarra.
Son os nenos
que piden un biscallo azul de azahar.
E u é?
Son os anxos
que chían polo buraco das balas,
polo envés do matar.
E u é?
Son as follas a pousar nos nomes,
a facer un chamizo para os nomes,
a vendar as mans dos nomes.

E u é?
É a brima da brimba na brimbeira.
E u é?
O xeito de facer un cesto, un paxe, a patela.
E u é?
Os vimbios a cimbrar os rinchos
dos círculos roubados.
E u é?
O son de todo o que os cestos levaron.
E u é?
É o andar das nais das cousas
a apañar
os círculos primeiros.
O sol, a lúa, a boca, o froito,
o pan, a danza.
O almeiro do cesto.
E u é?
E u é a póla do baleiro,
o niño trenzado da ave do soño.
O xeito,
o xeito de facer o cesto.
Antonio Camacho Montoya
Antonio Montoya Camacho
Manuel Jiménez Montoya
o xeito
o xeito de facer un cesto
Jimenez Camacho Manuel Montoya Antonio Camacho Jiménez Camacho Antonio Montoya Montoya Montoya Jiménez Jiménez Camacho Camacho Camacho Antonio Antonio Antonio Manuel Antonio
Camacho
Jiménez
Montoya
E u é?
Non ha ho
E u é?
Non ha ho
E u é?
Non
ha
ho!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s