“Zocas”, “Louvanzas das zocas vilalbesas chamadas chinelas”. Manuel María.

Manuel María

 

Manuel María (1929-2004), poeta da Terra Chá, canta nestes dous poemas (Terra Chá 1954) ás zocas chinelas que usaban as mulleres, que a min tanto me gustaba poñer aínda que se me quedaran chantadas na lama.

 

 

 

 

 

Fanse zocas pechadas e chinelas
en Loentia, Duarría e Formarán.
Non hai zocas xeitosas como elas:
ben lle caen ó pé e ben se tran!

Foron afumadas cun casqueiro.
Ó andar son ledas, cantareiras.
Anque feitas de bido ou amieiro
son, como o vento, de lixeiras!

A gracia da abidueira
atopou o seu destino,
fíxose zoca chinela,
apreixa un pé feminino!

Fíxose zoca chinela
a abidueira lanzal.
Agora sobor da acera
canta con voz musical!

A Zoca xa é canción
delgada como asubío
que aprendeu a abidueira
dos melros de xunto ó río.

Fíxose zoca chinela
a gracia da abidueira.
E vai marcando na acera
os puntos da muiñeira!

 

Cantada polo grupo Gelria.

 

 

 

 

One comment on ““Zocas”, “Louvanzas das zocas vilalbesas chamadas chinelas”. Manuel María.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s