Luz Pozo Garza nacida en Ribadeo, 1922, poeta, ensaísta, filóloga e catedrática de literatura na educación secundaria. Membro da Real Academia Galega desde 1996 e con varios premios literarios.
Este poema foi elixido pola,descripción da paisaxe e la sintonía cos seus sentimentos da autora e tamén integra o patrimonio desta terra dun xeito moi sutil.
Para manter o paraíso do seu poema, as Illas Cíes, que pertencen al Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, deberían protexerse moito más.
Illas Cíes, poema publicado no libro ” Prometo a flor de Loto”, 1992.
Nas Cíes descubrimos a pericia das aves
e a medida celeste onde reside a luz
Bañámonos nas ondas
a compartir sulagos con dóciles palmípedas
e cunchiñas de nacre
Con labios exaltados bicábasme nas tempas
E querías que fora a raíña dos mares
Ou deslizabas verbas secretas nos oídos
Nos xogos inocentes
Debuxei no teu peito os signos da alegría
Despois grabei na area os símbolos da patria:
espirais
caracolas
esvásticas solares
Cousas do paraíso…
Naquelas latitudes oceánicas azul
azul delirio
tracei como remate un labirinto tácito
para salvar o amor
Certo que e un ánaco de paraíso na mar atlántica 👍
GústameGústame