“A Natureza”. Manuel María

Manuel María 2

Manuel María (Outeiro de Rei 6/101929 – A Coruña 8/9/2004), foi un dos grandes escritores da Língua Galega, entre a súa extensa obra poética dedicada a ensalzar as belezas da Terra Cha, eu elexín este poema porque me parece moi axeitado para dar comenzo a 4ª Edición de Poesía e Paisagem nas linguas da Lusofonía.

A Natureza

Temos que amar a campía
e non lle facer aldraxe.
Non encher de porquería
a beleza da paisaxe…!

O que ama a natureza
ten que respetarlle a vida.
Non hai meirande beleza
nin emoción tan cumprida.

A natureza é amiga
e dános o seu amor:
dende a gracia dunha espiga
ao río marmurador…!

A nutereza é un ben
é compañeira e irmán.
É pró home sempre ten
o seu corazón na man…!

Homenaxe a Manuel María na Carballeira de Santa Isabel

Homenaxe que lle fai a Manuel María a Asociación de escritores en Língua Galega, na Carballeira de Santa Isabel, lugar cercano a súa Casa- Museo en Outeiro de Rei.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s