“Pindo”- Dario Xoán Cabana.

dario

 

Atopei este poema de Dario Xoán Cabana, poeta de Roás- Terra Chá, nun libro ” Versos no olimpo. O Monte Pindo na poesía galega” ( 2013), nel recopílanse 79 poemas de 56 autores. Neste poema gustoume a descrición que fai deste mítico monte.

 

Monte pindo

 

Pindo
Quen é o que mora aquí, que anterga xente
de bronce e ferro negro se acubilla
na maxestade desta marabilla
tesa diante do mar omnipotente.
Quen ten habitación nestes penedos
de rosado esplendor, que pobo altivo
se refuxia no monte duro e esquivo
e coñece os seus íntimos segredos.
Quen brinca sobre as pedras cabaleiras
e ouvea coma os ventos espantosos
de rebentar o fero mar infindo.
Quen anda por aí nas penasqueiras,
quen mora os territorios tenebrosos
e as espeluncas máxicas do Pindo.
Darío Xohán Cabana
(Roás, Cospeito, 1952).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s