“As lavandeiras” – Memoria

Hoxe fixemos un percorrido pola memoria do noso  o través das palabras da etnógrafa Begoña Bas López, doutora en historia e profesora da UDC.

Unha mirada, unha paisaxe  e  cada paisaxe, unha mirada.

Hórreos, muiños, a língua, as lendas,  mitos, contos e cancións,  ísto e mais son elementos na procura da evolución da vida . Ista feiticeira ollada  pola memoria do noso, pechou con o fermoso romance  “ a lavandeira da noite“  que ben pode ser … moura… meiga ou soio lavandeira.

Era unha noite de lúa,
era unha noite crara,
eu pasaba polo río, de volta da muiñada!

Topei unha lavandeira
que lavaba ó par da i-agua
ela lavaba no río,
e unha cántiga cantaba!

Moza que ves do muiño,
moza que vas pola estrada:
axúdame a retorcere
miña sábana lavada!

Santa María te axude,
e San Lourenzo de valla!
Desaparece a lavandeira
como fumeira espallada.

Onde as sábanas tendera
poza de sangue deixara!
Era unha noite de lúa,
era unha noite crara!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s