Escola de letras (Xavier Lema)

Este é un poeta novo, máis ou menos, naceu en 1962,   atopeime coa súa obra de casualidade e líno.  Esta é unha pequena mostra do seu facer.

Abrir os ganglios das palabras

como quen abrerelampos montesíos

que son mapoulas de mármore,

saurios golpeados polo buril do tempo.

Peneirar os rubís solidarios

que nacen nelas

e escoitar a súa colleita motorizada

de batallas, homicidios e aabismos.

Ecoar coa cortesía lírica, dubidosa

de tantos calafríos

que son sombras literarias con ollos estilísticos.

Así é escribir

ao abeiro desta cidade con alma de letargo:

unha cuestión bretemosa e nutritiva

na que os alimentos son cadáveres fraguados

nun soliloquio

de delirantes asesinos.

Silvia Larrosa

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s