“Limiar”-María Victoria Moreno

Neste ano o día das Letras Galegas esta dedicado a Mª Victoria Moreno.  É galega por vontade non de nacemento.

Chegou a Pontevedra no ano 1963, quedándose a vivir definitivamente en Galicia. 
O seu compromiso coa cultura e a súa entrega na defensa e promoción do galego é unha constante na súa vida. Escritora de novelas, contos, ensaios, poemas, é tamén unha pioneira dá a literatura infantil e xuvenil na nosa lingua.   

O poema “Limiar” pertence a súa obra póstuma “Duns folios que foron brancos

LIMIAR

Se eu achase a palabra
donda, escintilante,

506px-María_Victoria_Moreno

tan lene coma o peito da andoriña,
tan rexa coma a face da verdade…

Se eu achase a palabra
de lume, de auga, de aire,
de terra aloumiñada pola brisa
que arrola cada tarde…

Se eu achase a palabra
limpa, espida, que cabe
no efémero latexo dun salouco
e abrangue a eternidade…

Se eu achase a palabra
de amor que iluminase
esta esfera que treme estarrecida
na sombra e na soidade…

Se eu achase a palabra
eu pintaría o planeta de paz e liberdade.

Advertisements

One comment on ““Limiar”-María Victoria Moreno

  1. Estou a chegar da presentacion do libro sobre Maria Victoria Moreno que escríbíu Xesus Alonso Montero . Unha marabilla . Recomendable a lectura do libro que editado pola Voz escribiu o profesor.

    Liked by 2 people

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s