“ Elexías de luz” – María Victoria Moreno

31AEF26B-8C33-4E56-AD9A-C076FAC51EB8

A homenaxeada este ano nas Letras Galegas, e á escritora e profesora María Victoria Moreno,  figura importante da literatura infantil e xuvenil galega, moi comprometida coa lingua e coa cultura do noso.

A edición póstuma de “Elexías da luz” sae dun poemario no que María Victoria estaba traballando antes de morrer. O poema “cae a tarde…”, eu penso que, e unha fermosa mixtura de lamento e sensualidade.

Neste tempo de paz,  nesta quietude,

cando o sol para, e bica, e aloumiña,

neste solpor eterno a agua camiña

silente polo val da inmensitude.

 

Pousa en flores a tarde e o laúde

da brisa alada aroma a ladaíña

que inicia un grilo, alonga unha andoriña

e un reiseñor eleva á plenitude.

 

Eu quixera, meu ben, que nesta hora

a túa voz amada, aquel acento,

renacese nos eidos da harmonía.

 

Eu quixera, contigo, ve-la aurora,

e quixera espertar ó son do vento

ó teu abeiro, amor, na alba fría.

 

c60fadaa-b2b3-4c2d-a6a9-aa5633a6de7e.jpeg

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s