“O mar, o mar…”- Xoana Torres.

xoana torres

 

A Real Academia Galega celebrou hoxe o “Día Mundial da Poesía” cunha homenaxe a escritora e académica Xoana Torresfalecida no mes de setembro.

Entre a poesías que escoitei no recital escollín esta para poñer no blog. O mar, o mar… que pertenece ao seu poemario “Estacións ao mar”, premio da Crítica de 1980.

 

O mar, o mar, os signos estelares.

A dilatada noite. Tempestade de verán

e a gran lúa de agosto. O mar, esa viaxe

e a area que pisamos. O mar,

a crise, a continua cadencia

onde se escoita a vida.

O mar, o mar, nin outra cousa quero.

Ninguén está perdida nesa hora

cando o vento sopla

e hai unha lúa vertical, noviña,

que envolve de misterio os perfís.

Memoria,

emisaria do mar,

que nos mantén un cheiro de recordo:

Algo de nós,

pureza de altos días

mentres camiño pola vasta area

e penso no amor

que sempre se comenza nunha praia.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s