“Fiandeira”- Uxío Novoneyra.

Uxío Novoneira_0

Uxío

 

Escoitei esta poesía de Uxío Novoneyra, cantada

por Uxía  no recital “Uxía cantando a Uxío“, no teatro

Colón da Coruña o ano pasado e gustoume especialmente.

 

Fiandeira é o poema nº 4 do seu libro Os Eidos, editado en 1955.

 

FIANDEIRA namorada
que fías detralo lume
cos ollos postos nas chamas
roxiñas brancas i azules.

Fiandieriña que fías
nas noites do longo inverno
as liñas máis delgadiñas
que o fío do pensamento.

Cai a neve branca fora
riba dos teitos calada
mentras ti fías e soñas
nunha cousiña lonxana…

—FIANDEIRIÑA delgada
sempre metida a fiar
sempre a fiar e soñar
para logo non ser nada.
—Para logo non ser nada
eso inda está por ver
e pois cas frebas do liño
ó torcelas de camiño
algo se ha de prender.
—Algo se ha de prender
i afé que tiñas razón
que eu estábache mirando
sin deñar que encantenón
íbame indo namorando.

 

Cantada a segunda parte por Luis Emilio Batallán.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s