“No niño novo do vento”. Álvaro Cunqueiro

Álvaro_Cunqueiro_1928

Álvaro Cunqueiro (1911-1981)

Álvaro Cunqueiro nace en Mondoñedo onde de mozo asiste a os faladoiros da rebotica do seu pai tomando contacto cun mundo que logo el recrearía na súa obra.

Este poema pertence ao libro “Cantiga nova que se chama ribeira”, 1933, dentro da corrente neotrobadoresca na lírica galega, inspirada nos cancioneiros medievais editados por Xoaquín Nunes en 1928. A obra obtivo en 1934 o premio Gil Vicente.

Gústame todas as imaxes deste poema tocadas con frauta de verde olivo.

 

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s