“A lingua tiveran”. Eduardo Pondal

Eduardo pondal

Eduardo María González-Pondal Abente (Ponteceso 1835- A Coruña 1917), poeta do Rexurdimento galego e autor do Himno Galego
Elexín este poema porque me parece moi oportuno para celebrar o “Día das letras galegas”
Pondal dinos que Galiza queda afrixida e triste porque os seus fillos (os galegos) renegan da súa lingua falando o castelán que parecen estranxeiros.

 

A lingua tiveran
por lingua de escravos;
esqueceran os patrios acentos,
suidosos e brandos.

Dos propios acentos
tiveran vergonza;
de cautivos falaran palabras,
de servos e ilotas.

Deixaran os doces
acentos xocundos
por estrañas palabras de servos,
ignaros e escuros.

A nai, afrigida
da escura miseria,
os propios tomara
por gente estranxeira,
e espantada escuitara dos fillos
a plática serva.

(Poema 78 de “Queixumes dos pinos”)

Como non puiden atopar ningún video deste poema de Pondal vou poñer estoutro dos Tamara que a min gústame moito i é un canto apropiado para este día.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s