“Lonxe da terriña”. Aureliano José Pereira de la Riva

aureliano

Aureliano Xosé Pereira de la Riva (1855, 1906), cultivou o xornalismo, o ensaio, a poesía o teatro e a crítica.  O poema “Lonxe da Terriña” pertence o volumen de poemas Cousas da aldea (1891) ao que o compositor Xoán Montes Capón (Lugo, 1840-1899) puxo música e convertíuno nunha das  baladas máis coñecidas.

Lonxe da terriña”

Lonxe da terriña,
lonxe do meu lar,
que morriña teño,
que angustias me dan;
non che nego a bonitura,
ceíño desta terriña,
ceíño da terra allea,
ai, quen che me dera na miña.

Ai, meu alalá,
cando te oirei,
chousas e searas,
cando vos verei;
son as frores dises campos
frorentes e bonitiñas,
ai, quen aló che me dera
entre veigas e entre ortigas.

Lonxe da terriña,
que angustias me dan,
os que vais pra ela
con vós me levai,
os que vais pra ela
con vós me levai,
os que vais pra ela
con vós me levai.

Lonxe da terriña, cantado por Uxía.

 

Lonxe da terriña, musicado por Xohán Montes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s