“Cantiga” – Xosé María Pérez Parallé

A noite do día 18 de marzo estiven en Ferrol na “Noite das Pepitas” para escoitar cantar as rondallas e mostráronme o monumento adicado a elas no Cantón de Molíns. Contáronme que un gran impulsor delas fóra o poeta Xose María López Parallé, o Segrel do Penedo, como él dicía e cofundador da revista” Abrente”. Este poeta foi moi coñocido na zona de Ferrol e morreu no ano 1987.  Ten unha obra moi ampla que está espallada en revistas, xornais, programas de festas, follas parroquiais e tamén ten moita obra inédita.

Xosemaría_Pérez_Parallé

CANTIGA

Canta o carro no camiño;

chía o chasco no biouteiro;

os bois andan amodiño,

i o larchán do carreteiro

apreta

a

bota

do

viño,
que fai no ar un regueiro,

e vai cantando baixiño.

“N-hai carro máis cantareiro,

nin bois

con máis

sentidiño,

nin mozo con aloumiño

com-â diste carreteiro”

Canta o carro;

bois adiante;

voa

o chasco

garruleiro.

Hai na tarde

un concertante

con

canto

do carreteiro.

Xosé María Pérez Parallé

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s